Manaia, decepcionada tras la reunión con Política Social sobre la nueva ley de infancia gallega
Fabiola García, conselleria de Política Social e Igualdade de la Xunta de Galicia, mantuvo, el 18 de marzo, un encuentro con entidades especializadas en acogimiento familiar.
Encina de la mesa la nueva ley gallega de infancia.
El nuevo texto introduce cambios en las medidas del sistema de protección de menores gallegos.
Tras el encuentro, Manaia, asociación galega de adopción e acollemento, publica una carta abierta dirigida a la conselleira de Política Social:
Estimada Sra. Fabiola Garcia, Conselleira de Política Social,
Temos que confesar que esta convocatoría encheunos de emocións. En primeiro lugar de ledicia, e, por que non dicilo, tamén de orgullo e agradecemento. É a primeira vez que unha persoa coa súa responsabilidade, con tal alto cargo político, solicitanos que sentemos ao seu lado para falar do cerne da nosa entidade, a realidade das nenas, nenos e adolescentes dos sistemas de protección, especialmente do de Galicia.
A magoa é que isto durou pouco, cando soupemos os pormenores do encontro sentímonos decepcionados e abatidos, e a tristeza, incluso a raiba, sairon a flote.
E finalmente quedamos embargados por un gran mar de dúbidas, que galego é isto, verdade?
Que facemos? que dicimos nos menos de 5 minutos que nos tocan? Que esperan de nós?
Pero tamén, que esperamos nós disto?
Finalmente preguntámonos como poderíamos trasladar de maneira axeitada a complexidade da realidade que vivimos e coñecemos de primeira man, e, co ánimo construtivo, e desde o respecto institucional que caracterizan á nosa asociación, tras levar a cabo unha reunión urxente da Xunta Directiva, decidimos achegar unha visión sintética da realidade que observamos, baseada na nosa experiencia directa e afastada de calquera interpretación partidaria ou interesada:
Actualmente, e de xeito moi resumido, esta é a nosa realidade: un sistema totalmente saturado, con:
- Escasez manifesta de recursos humanos.
- Equipos saturados cun número de casos por persoa técnica imposible de asumir.
- Nula profesionalización e falta de coñecementos especificos para realizar as súas tarefas
- Unha tasa de rotación tan alta que colapsa o traballo
- Falta de prazas en residencial, especialmente de prazas especializadas
- Prazas para nenas, nenos e adolescentes migrantes non acompañados fóra de toda norma, e moitas sen ningún tipo de control
- Falta dun corpo funcionarial especifico de protección que garantice a formación e a permanencia.
- Un orzamento ínfimo que non reflexa a repercusión da inversión realizada. Cada euro ben invertido convirtese en catro ou cinco aforrados a futuro.
- Falta de compromiso político co acollemento
- Deficit de familias acolledoras
- Maltrato institucional a familias e crianzas
- Familias acolledoras vistas como usuarias e non coma axentes do sistema
- Pouco interese no bo trato ás familias
- Falta de campañas informativas institucionais claras e continuadas
- Falta de inversion nos programas que xa existen
- Falta de programas específicos para NNAMNA
- Rapazas e rapaces que con 18 anos perden as axudas.
- Falta de cumplimento dos compromisos adquiridos. Segue habendo menores de 6 anos en centros e non parece que os menores de 10 vaian estar fora no 2030
Pero, con todo, tamén queremos por en valor os aspectos positivos que existen e que deben ser tomados como unha base sólida para avanzar:
- Persoal público e privado comprometido coas NNA, con capacidade de aprendizaxe e visión de futuro
- Persoas concretas dentro da súa Consellería con gañas, actitude e aptitude para liderar cambios se se lles ofrecen as ferramentas axeitadas
- Talento suficiente para por en marcha medidas e programas punteiros e de gran calidade.
- Entidades fortes e capacitadas para crear un sistema mellor
En resumo, precisamos, e podemos, construír un sistema máis eficaz e humano.
Aproveitese disto señora Concelleira e demostre que, coma moitas de nós, ten o firme convencimento de de que só podemos traballar dende a particularidade e o Interese superior de nenas, nenas e adolescentes. Só poñendoos no centro de tódalas decisións conseguiremos ofrecerlles o que merecen.
E aquí as nosas preguntas:
Cree de verdade que unha nova lei de infancia vai mellorar o sistema?
Que medidas concretas vai por en marcha amáis da Lei?
Que orzamento vai invertir para que sexa posible levar adiante todos estes cambios?
A realidade das nosas nenas, nenos e adolescentes, permítanos lembrarlle que a súa situación os converte en fillas e fillos da Consellería que vostede preside, ten que convertirse realmente en prioridade para o seu goberno, canto menos na mesma medida que o son para todas e cada unha das 126 familias que forman a nosa asociación.
Por todo isto dende MANAIA, como levamos demostrando nos nosos 20 anos de existencia, reiteramos que sempre terá o apoio necesario para mellorar o sistema de protección deste país. E, a pesar da decepción de hoxe, seguimos abertas a calquera reunión ou grupo de traballo, que se nos propoña para seguir contribuíndo a mellorar a vida de todas estas nenas, nenos e adolescentes.
Grazas por escoitarnos.
Un saúdo
A Xunta directiva de MANAIA

